top of page
Mapa interactivo dos Materiais Didácticos Sociocomunitarios dos Concellos de Galicia.
Unha proposta dende a Educación Social.

No GALIMAP inclúese información de materiais elaborados por persoas e institucións de Galicia, seleccionados para que poidan ser utilizados como medios educativos por profesionais da educación, especialmente da Educación Social. 


No mapa, estes materiais estrutúranse en torno ás seguintes seccións: curtametraxes/documentais; radio/podcast; libros/contos/revistas/banda deseñada; web/blog/redes sociais; cadernos de campo/folletos; guías didácticas/manuais; aplicacións móbiles; xogos/material manipulativo; outros.
Premendo en cada sección pódese ver os títulos incluídos.  Ao pulsar no título, accédese á ficha informativa do recurso.

A selección dos materiais foi realizada polo alumnado de 2º curso do Grao en Educación Social (USC) na materia "Experiencias e Recursos en Educación Social" (cursos 2022-2023; 2023-2024). Os recursos para a difusión deste proxecto, tales como vídeos, contidos das redes sociais, carteis informativos, etc son obra do estudantado da materia "Tecnoloxía Educativa" (curso 2023-2024).
Este proxecto intégrase no marco da I Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa Dirixida ao Profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Redes Sociais

As diferentes redes sociais de GALIMAP foron xeradas para achegar contidos divulgativo sobre o proxecto e comentar, de forma puntual, novidades sobre o mesmo. Animámoste a compartir as súas publicacións para contribuír a que o mapa chegue a máis persoas.

  • Instagram
  • Facebook
  • X
  • Youtube
  • TikTok

Máis información

Precisas máis motivos para empregar GALIMAP? 

Pon a proba os teus coñecementos:

bottom of page